Leti da Taberna protagonista no mes do humor de Fene

Este venres 15 de novembro continúa o ciclo de monólogos que organiza o Museo do Humor Xaquín Marín de Fene para conmemorar o seu aniversario.

Desta vez a protagonista será Leticia Miraz, máis coñecida como Leti da Taberna, “taberneira de nacemento e sociosanitaria de formació que en maio de 2020 comezou a subir contidos a TikTok, acumulando a día de hoxe ducias de miles de seguidoras nas redes sociais”.

O espectáculo, titulado “Enredada”, comezará ás 20.00 horas. E a entrada será de balde, previa recollida de invitacións (até un máximo de dúas por persoa adulta) na conserxería da Casa da Cultura de Fene ese mesmo día a partir das 19 horas. Aforo limitado.

“Enredada” é o primeiro monólogo de Leti da Taberna no que se emprega a retranca para realizar crítica social desde unha perspectiva feminista e en galego.

Nel “explora en ton irónico a nosa relación coas redes sociais e como nos inflúen no noso día a día. En galego e con perspectiva feminista, Enredada enche o escenario de luz e enerxía, provocando que a espectadora se vexa identificada coas situacións que se presentan e acabe ríndose de si mesma”.

Trata cita deste venres, o “Novembro, mes do humor” continuará o 22 de novembro con Avelino González actuando na Casa da Cultura de Fene e presentando “Eran ellas!”. E concluirá o venres 29 de novembro cun monólogo, “Contos de defuntos (e outros asuntos)”, a cargo de Brais das Hortas.

Ciclo organizado pola Concellería de Cultura de Fene coa colaboración da Deputación da Coruña (Rede Cultural).

Lea también

Nova saída diúrna coa delegación de Ferrol da SGHN a Doniños

A actividade será de 10:00 a 13:00 horas aproximadamente e conta cun límite de prazas de 20 persoas. …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *