Máis de 150 deportistas participan na XXXI edición do Trofeo Cidade de Narón

Así o avanzaron o concelleiro de Deportes de Narón, Ibán Santalla, e o presidente da Agrupación Deportiva Náutico de Narón, Amando Guerrero, que presentaron este mediodía o evento no Consistorio. Na convocatoria, organizada pola citada entidade deportiva en colaboración co Concello, disputarase tamén o vixésimo primeiro Memorial Javier Lago.

Os deportistas proceden de once clubs, destacando a presenza da Escola de Natación Corvera, de Asturias, por primeiro ano. O resto dos clubs participantes son os de Natación de Arteixo; Santiago; Culleredo; A Coruña; Liceo; Panas; Club do Mar; Marina Ferrol; Natación Ferrol e Náutico de Narón.

En canto ao nivel individual destaca, tal e como indicaron dende o Náutico de Narón, a presenza de Paula Hernaéz (Culleredo), Candela Leivas, Miguel Graña (Ferrol); Anton Valle, Adrian Cerro y Paula Rodríguez (Corvera); Ana Veiga (CN Arteixo);  Teo Sanesteban, Damián Suárez y Eneko Astigarrabía (Marina Ferrol), Xoel Parcero y Chiara Vicenti (Santiago); Paula Albes e Daniel Meizoso (Narón). Todos eles, entre outros, optarán ao premio do XXI Memorial Javier Lago, que galardona al mejor deportistas individual del Torneo.

A competición dará comenzo ás 17:00 horas no complexo polideportivo municipal da Gándara e a entrada é de balde.

O edil de Deportes destacou a importancia deste evento a nivel deportivo na cidade, resaltando a dilatada traxectoria do mesmo, sendo un dos máis antigos de Galicia, e felicitou á Agrupación Náutico de Narón por mantelo no tempo. Santalla animou á cidadanía a acudir a ver a competición para animar aos participantes.

Lea también

Ferrol contará en los próximos meses con nuevo pintado de señalización horizontal

Las calles de Ferrol tendrán una nueva imagen en un plazo de cinco meses, tras …