Segunda ruta do SendAres 2024-2025

A concellaría de Deportes vén de anunciar a posta en marcha do proceso administrativo da próxima ruta do SendAres, o programa de sendeirismo do Concellode Ares.

O luns 4 de novembro, a partir das 14:00 horas e a través da páxina web www.concellodeares.gal abrirase a inscrición telemática para o segundo percorrido ás persoas empadroadas en Ares. Estará operativa ata o día seguinte, 5 de novembro, na mesma franxa horaria, momento onde se abrirá a reserva de prazas aos non-empadroados na localidade.

Este segundo roteiro percorrerá a Costa Ártabra partindo da ermida de Santa Comba ata acadar o Faro de Punta Frouxeira, un itinerario no que a paisaxe marítima será protagonista e que, ademais, permitirá recalar no Pico Vela, cunhas espectacular vistas da zona.

Todo o itinerario desenvolverase ao longo da xornada do domingo, 17 de novembro, cunha distancia aproximada de 17 quilómetros e unha dificultade media. O prezo é de 15 euros e inclúe servizo de guía, seguros e transporte, saíndo ás 8:00 horas en autobús da praza da Igrexa de Ares e voltando á vila preto das 14:30 horas.

A Concellaría de Deportes asignou 25 prazas para a actividade que se cubrirán por orde de inscrición, primeiro empadroados nunha marxe de 24 horas e posteriormente non-empadradoados, ata o 8 de novembro ás 14:00 horas ou, de darse o caso, ata o seu esgotamento.

Lea también

El Racing de Ferrol informa sobre las entradas adquiridas para el partido frente al Burgos CF

Los aficionados pueden solicitar ya la devolución de las entradas. Ante el aplazamiento del partido entre el Racing …