O pavillón de Lavandeira en Cabanas, conta con novos vestiarios

 
 
 
O Concello de Cabanas informa do remate das obras de renovación dos vestiarios do pavillón municipal de Lavandeira. As obras melloraron a eficiencia enerxética cambiando o antigo sistema de auga quente, obsoleto e con perdas, por un novo sistema de aerotermia.
 
A renovación tamén supuxo unha actualización integral dos baños, actualizando, entre outros, os sanitarios e grifería, iluminación LED e favorecendo unha mellor accesibilidade dos mesmos.
 
 
 
Esta mellora tivo un custo total de 43.060€ e está financiada a través dunha subvención solicitada polo Concello de Cabanas ao Fondo de Cooperación Local, dependente da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia.
 
O alcalde de Cabanas, Fernando Couce, destacou a importancia desta mellora tanto pola renovación dos baños como polo aforro de enerxía no novo sistema de aerotermia, incidindo no mantemento das nosas instalacións. Lembra tamén que calquera persoa ou grupo pode solicitar no Concello o uso das instalacións deportivas para actividades deportivas e culturais.
 
 

Lea también

El Baxi Ferrol buscará su segunda victoria en Eurocup este miércoles en A Malata ante Ostrava

Sigue el mes de octubre intenso para el Baxi Ferrol, ahora de nuevo en la …