A Deputación reforza os servizos sociais municipais máis cercanos á cidadanía

A deputada de Educación e Mocidade, Yoya Neira, a alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez Máquez, e a vicepresidenta do Consorcio das Mariñas e alcaldesa de Betanzos, María Barral, inauguraron no Pazo de Mariñán o XI Encontro dos Servizos Sociais Comunitarios, unha xornada dirixida a técnicos e responsables políticos da área Servizos Sociais dos concellos que forman parte do Consorcio das Mariñas.

Neira destacou o compromiso do goberno provincial co mantemento dos servizos sociais municipais “os máis cercanos á cidadanía, os que cada día reciben e resolven centos de problemas que afectan ás persoas máis desfavorecidas ou que atravesan situacións difíciles”.

Somos conscientes da dificultade e o gran esforzo que supón para un concello pequeno contar con profesionais especialistas no ámbito social, por iso nos últimos anos incrementamos a dotación económica do programa de Servizos Sociais Comunitarios, que pasou de 4 a 9,1 millóns de euros, permitindo que os concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia da Coruña podan contratar persoal administrativo, técnico ou de axuda a domicilio”, afirmou a deputada, que destacou que esta cantidade económica permite contratar este ano a 178 profesionais da área social nos municipios e financiar 400.000 horas de Servizo de Axuda no Fogar (SAF).

Estes profesionais prestan atención e servizo cada día a milleiros persoas con problemas de índole social, que con frecuencia pertencen a diversos colectivos especialmente vulnerables: infancia, mulleres maltratadas, persoas con especiais dificultades de inserción laboral, maiores sen recursos, persoas sen fogar ou con discapacidade, explicou a deputada.

Neira destacou que, para o Goberno provincial, a área social é “unha prioridade” e citou outros programas da Deputación que contribúen a apoiar ás persoas que máis o necesitan coma a Teleasistencia, que chega a máis de 4.000 persoas maiores na provincia, ou as liñas de axudas para entidades sociais que chegan a 273 asociacións da provincia.

Durante a xornada uns 80 técnicos e concelleiros de Servizos Sociais dos concellos dos municipios do Consorcio das Mariñas (Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Oleiros, Culleredo e Sada) formaranse e debateran sobre aspectos relacionados co seu labor diario e analizarán os retos de cara ao futuro no ámbito dos servizos sociais.

Lea también

El Sorteo de Navidad reparte más de 14 millones en premios en Galicia, aunque el Gordo esquiva la comunidad

Localidades de las cuatro provincias han sido agraciadas con el segundo premio, el tercero y …