Visitas guiadas na Biblioteca municipal Narón e na Axencia de Lectura da Gándara

As persoas que desexen coñecer as instalacións e os servizos que se prestan nas instalacións da Biblioteca municipal de Narón e na Axencia de lectura da Gándara poderán facelo a través das visitas guiadas que se programaron para a vindeira semana.

Para poder acudir, tal e como recordou a edil responsable da área, Olga Ameneiro, é preciso inscribirse a partir deste venres 18, ás 9.30 horas, no mostrador da sala de adultos da Biblioteca ou chamando ao número de teléfono 981 382 173 en horario de apertura.

As visitas programadas á Biblioteca municipal serán o xoves 24 de 18.00 a 19.00 horas e o venres 25 pola mañá, de 11.00 a 12.00. No caso da Axencia de Lectura da Gándara programouse unha única xornada, o venres 25 en horario de 17.30 a 18.30.

A iniciativa enmárcase nunha xornada de portas abertas organizada con motivo do Día Internacional das Bibliotecas, que se conmemora cada 24 de outubro.

Lea también

«Tardes xuvenís» en Narón ofrece actividades e obradoiros na Casa da Mocidade

A mocidade de Narón poderá participar este mes no proxecto Tardes xuvenís, impulsado dende o …