Amplíase o prazo de inscrición no Foro Galego Literario de Valdoviño

O Concello amplía o prazo de inscrición no Foro Galego Literario de Valdoviño. Trátase dun espazo de intercambio de experiencias lectoras entre veciños de 16 anos en adiante, con encontros bimensuais guiados polo profesor e escritor Antón Cortizas.

Un proxecto que tamén brinda aos participantes a oportunidade de compartir as súas impresións cos autores das obras protagonistas da lectura de cada sesión.

A participación é gratuíta, e o programa arrinca en novembro. A inscrición pode formalizarse presencialmente na casa da cultura -de luns a venres de 10 a 14 horas- ou a través da sede electrónica municipal https://acortar.link/OF5o7r

Lea también

Nova campaña de escavación no Castro Sarridal, Cedeira

O equipo Axa Arqueoloxía que dirixe Emilio Ramil acaba de iniciar unha nova campaña de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *