O Concello de Ares e a editorial Hércules de Ediciones convocan a terceira edición do Premio Novela Curta Alén

A concelleira de Cultura de Ares, Alma Barrón, e a directora de Hércules de Ediciones, Laura Rodríguez, presentaron conxuntamente o III Premio Novela Curta Alén Concello de Ares, o certame da institución aresá co foco posto na narración literaria do proceso migratorio en toda a súa complexidade.

No acto de presentación celebrado na mañá deste martes, día 15,na casa consistorial debulláronse as bases de participación no premio, que ten como obxectivo principal o fomento da creación literario e a celebración da riqueza cultural da emigración e literatura de Galicia, promovendo un espazo de recoñecemento das obras escritas en lingua galega.

Así, Alma Barrón subliñou “a aposta firme por contribuír á conservación e entendemento da memoria da migración, sabendo que en Ares precisabamos un certame literario que permitise construír, coa colaboración de
Hércules de Ediciones para a súa publicación e difusión, unha colección de historias con esa liña de traballo”.

Pola súa banda, Laura Rodríguez resaltou “a importancia deste premio literario para achegar aos lectores historias sobre a nosa emigración e descubrir novos talentos na literatura en lingua galega»

Como galardón, o Alén contempla unha dotación económica que ascende a 2.000 euros, amais da publicación da novela gañadora no catálogo de Hércules de Ediciones, deseñando así unha colección narrativa que olla a migración con profundidade, divulgando o seu compoñente máis emocional e social: como se sinte alguén que migra, que deixa ao seu redor e atrás, a que se debe afrontar e como se transformou ao longo do tempo.

Lea también

Unos 200 estudiantes de secundaria participan este viernes en la IV Olimpíada Robótica en Ferrol

 Cerca de 200 estudiantes de ESO de distintos puntos de las provincias de A Coruña …