A Confraría de Pescadores de Ferrol organiza un showcooking no Arsenal Militar

A Confraría de Pescadores de Ferrol, xunto co Grupo de Acción Local Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Norte, levará a cabo este venres 11 de outubro unha degustación e showcooking sobre o Carneiro da Ría, na Sala de Armas do Arsenal Militar de 11.30 a 14.30 horas, con entrada libre ata completar o aforo de 200 personas, acceso pola porta da Residencia Militar ‘La Balandra’.

Trátase do último obradoiro de produtos da ría neste ano 2024, os outros tres se adicaron á ameixa Babosa, choco e albacora respectivamente. Nesta ocasión os visitantes poderán degustar ata 5 receitas diferentes elaboradas tomando como base este producto:

* Vichyssoise de Carneiro
* Carneiro á Mariñeira
* Carneiro en Salsa Verde
* Arroz Meloso de Carneiro
* Carneiro con Pesto

As degustacións se realizarán de 11.30 a 12.30 horas, e de 13.30 a 14.30 horas. Entre medias, ás 12.30 horas o cociñeiro Javier Rodríguez ‘Taky’ (Grupo Nove) levará a cabo un showcooking no que realizará diferentes elaboracións do Carneiro (crudo, marinado, escabechado e cociñado) para ofrecer as posibilidades reais do produto.

Lea también

Ferrol finaliza los trabajos de aglomerado en la carretera del Lago en Doniños

En los próximos días estarán terminadas, también, las actuaciones en la carretera del Vilar; Ambas …