O Concello das Somozas convoca unha serie de axudas á natalidade, con achegas de ata 3.000 euros, en apoio ás familias do municipio.
Teñen por obxectivo converterse nunha medida complementaria ao apoio familiar e ao fomento da fixación da poboación no termo municipal. Están destinadas ás familias con crianzas nadas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2024.
Segundo os diferentes requisitos, estas axudas terán as seguintes cantidades:
1.000 euros polo primeiro fillo nado, adoptado ou acollido
2.000 euros polo primeiro fillo nado, adoptado ou acollid, noo caso de padecer unha discapacidade.
2.000 euros polo segundo e sucesivos fillos nados, adoptados ou acollidos.
3.000 euros polo segundo e sucesivos fillos nados, adoptados ou acollidos, no caso de padecer unha discapacidade.
Poderanse presentar as solicitudes de forma virtual na sede electrónica do Concello das Somozas ou ben de forma presencial no Rexistro das Somozas.
Poderanse presentar cun prazo máximo de seis meses desde a data de nacemento, resolución xudicial de adopción ou resolución administrativa de acollemento.
O alcalde, Juan Alonso Tembrás, indica que “o que buscamos con estas axudas é fomentar a natalidade no noso municipio, así como tamén axudar a cubrir as necesidades básicas no momento dun nacemento, que son moitas. Agardamos que esta achega sirva de apoio ás familias e poidamos contar con novos nenos nas Somozas”, argumentou.
As bases para solicitar esta subvención pode atoparse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña:
https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2024/08/19/2024_0000005774.html