Cerdido desenvolve un programa de compostaxe caseiro

As persoas interesadas en participar poderán inscribirse durante o mes de outubro no concello e recibirán un composteiro de balde. O concello de Cerdido reafirma a súa aposta pola reciclaxe co desenvolvemento dun programa de compostaxe caseiro destinado a 30 vivendas do termo municipal.

A través de dita iniciativa, os veciños que desexen participar, levando a cabo a compostaxe nos seus fogares, poderán inscribirse durante o mes de outubro nas oficinas do concello.

Os participantes recibirán de forma totalmente gratuíta un composteiro de 400l de capacidade e aireadores, así como a formación precisa para levar a cabo o proceso de compostaxe.

A través desta iniciativa que se desenvolve colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea- NextGenerationEU, procúrase capacitar á poboación para a transformación de materia orgánica en compost; mellorar a eficacia da recollida selectiva mediante a separación previa da materia orgánica; reducir o volume de residuos que debe recoller o ente municipal; concienciar á poboación sobre o papel que xoga a compostaxe na xestión dos residuos orgánicos, e aproveitar esta actuación como punto de partida para o desenvolvemento doutros programas de educación ambiental.

Lea también

Valdoviño participa con la comisión de la FEMP en la reunión sobre autocaravanismo organizada por la DGT

En condición de vocal de la Comisión de Transporte, Movilidad e Infraestructuras de la Federación …