As Pontes continúa coa mellora de servizos e pavimentos na rúa da Casilla

O Concello das Pontes continúa coa mellora de servizos e pavimentos na rúa da Casilla, no tramo comprendido entre o cruce coa rúa Eduardo Pondal (marxe dereita) e desde a estación de servizo ata o entronque coa avenida das Veigas.

O proxecto, cun orzamento de 205.000 euros, con cargo á Deputación da Coruña ten como obxecto mellorar a pavimentación das beirarrúas así como as redes de servizos de alumeado e rede de saneamento.

Entre os traballos previsto, contémplase contémplase a demolición dos actuais pavimentos das beirarrúas e a execución dunha nova pavimentación en formigón coa ampliación do largo de paso dos itinerarios peonís e a inclusión de sinalización táctil e visual naquelas zonas en que concorran cambios de nivel e se deba avisar da presenza de perigos.

Así mesmo o arborado existente protexerase con escavas da dimensión suficiente para evitar que sufran danos derivados do estacionamento dos vehículos, e encheranse con pavimento drenante específico.

Por outra banda, procederase a renovación do pavimento rodado mediante unha nova capa de aglomerado asfáltico en toda a calzada para regularizar o nivel do pavimento.

No tocante ás redes de recollida de pluviais e de alumeado, procederase á súa completa renovación executando as acometidas necesarias ás parcelas colindantes. Complementariamente, na zona de maior ancho de paso, nas inmediacións da estación de servizo, colocarase mobiliario urbano e as obras rematarán coa renovación da sinalización vertircal e horizontal.

Lea también

Ayudas en Neda para la adquisición de libros de texto y material didáctico

El Ayuntamiento de Neda convoca un año más sus ayudas para la adquisición de libros …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *