As Pontes valora positivamente a autorización ambiental integrada á planta de hidróxeno verde

O Concello das Pontes valora moi positivamente a concesión da autorización ambiental integrada ao proxecto da planta de hidróxeno verde de Reganosa e EDP Renovavéis, coñecido como H2Pole.

Ubicación en la que se levantará la planta H2Pole. Reganosa

O alcalde das Pontes subliña que esta concesión “supón un aval ambiental para un proxecto que vai xenerar a enerxía do futuro, como é o hidróxeno, e ,ao mesmo tempo, vai supoñer o protagonismo das Pontes no ámbito do almacenamento enerxético sen emisións de CO2 “

Un proxecto que, en palabras de Valentín González Formoso, “permitirá poñer en valor o talento dos rapaces e rapazas formados, tanto nas universidases como no centros de formación profesinal, e que esperamos que se convirta nunha fonte tractora doutros proxectos que potencien este tipo de enerxías”.

González Formoso destaca tamén a necesidade de facilitar a implantación dos parques eólicos que subministran enerxía a este proxecto, xa que “se trata dun factor fundamental para poder hidrolizar e producir enerxía. Sen parques eólicos é inviable, polo que esperamos que a tramitación sexa o máis curta posible”

Nese sentido, o rexedor local tamén apunta que “esperamos que o bombeo reversible no lago, outra fonte enerxética que suminsitra electricidade para a planta de hidróxeno, obteña os permisos correspondentes o máis pronto posible”.

Finalmente, desde o Concello das Pontes amosan o seu agradecemento á Consellería de Medio Ambiente polo seu traballo que conluiu na consesión da autorización ambiental integrada pa H2Pole.

Lea también

Valdoviño participa con la comisión de la FEMP en la reunión sobre autocaravanismo organizada por la DGT

En condición de vocal de la Comisión de Transporte, Movilidad e Infraestructuras de la Federación …