A Deputación da Coruña executará obras nas estradas DP 5001 e DP 5002 en Monfero

A Deputación da Coruña reuniuse co goberno municipal de Monfero para coñecer as necesidades  e demandas do municipio en materia de seguridade vial nas estradas de titularidade provincial.

Na reunión de traballo participaron a deputada de Vías e Obras, Mónica Rodríguez, o portavoz do Goberno provincial, Bernardo Fernández e o alcalde en funcións de Monfero, Alberto Cortizas, xunto con técnicos do departamento provincial de estradas.

No encontro, Albero Cortizas demandou actuacións de mellora da seguridade de dúas estradas provinciais, a DP 5001 de O Carballiño á Curra polo alto de Xestoso e a DP 5002 de A Pila da Leña a Lagares. Ambas as dúas estradas teñen actualmente anchos non superiores aos catro metros.

A deputada de Vías e Obras anunciou que o seu departamento encargará un proxecto para levar a cabo a ampliación da estrada DP 5001 ata os sete metros de ancho, co obxectivo de garantir o cruce de dous vehículos en condicións de seguridade, e porá en marcha a execución de sobreanchos en distintas zonas da DP 5022 para mellorar tamén a seguridade da circulación de vehículos.

Os levantamentos topográficos para as obras comezarán nas vindeiras semanas. Ambas actuacións incluirán a renovación do firme.

Lea también

Los termómetros alcanzarán los 37ºC este fin de semana en algunos puntos de Galicia, con Pontevedra en alerta naranja

Las altas temperaturas llegarán este fin de semana a Galicia, con valores de hasta 37 …