Mocidade do concello de Fene toma as rúas con respecto ao dereito á auga

Mocidade do concello de Fene tomará as rúas para provocar a reflexión en torno ao dereito á auga. Son os participantes do obradoiro de comunicación de guerrilla do proxecto #PeopleAndPlanet impulsado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e impartido pola Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social ( Agareso)

«Buscar impacto, xerar conciencia, transgredir… estas son solo algunhas das características coas que poderiamos definir a comunicación de guerrilla, unha técnica comunicativa suxerinte e nada convencional que se vale dos cánones da publicidade, da performance, do uso do mobiliario urbano ou da intervención en monumentos…, co obxectivo de utilizar o espazo público para provocar unha reflexión na cidadanía».

Neste caso serán os mozos do concello de Fene e outros concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade os que porán a súa creatividade a traballar para deseñar e propoñer unha acción que faga reflexionar aos seus veciños e veciñas en torno ao dereito a auga e as súas problemáticas asociadas.

O alumnado do IES Fene participará nas seguintes datas: 1, 8 e 15 de outubro, nunha formación de 6 horas divididas en 3 sesións na que aprenderán técnicas básicas de comunicación de guerrilla, reflexionarán sobre o Dereito Humano á Agua e sobre as consecuencias da mala xestión dos recursos naturais.

As sesións serán impartidas por persoal da Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social AGARESO onde aprenderán non solo as peculiaridades que usa esta táctica comunicativa senón tamén sobre a temática a tratar: a auga como un dereito humano fundamental e a crise climática global.

A idea é que escollan un tema local sobre o que deseñar unha acción pública de denuncia ou sensibilización que executarán posteriormente nun espazo público da localidade, converténdose en axentes do cambio. Esa sería a nosa acción de rúa decomunicación de guerrilla.

O proxecto ‘People &Planet: un destino común’ ten como obxectivo concienciar as mozas e mozos europeos sobre as graves consecuencias do cambio climático para que se convertan en axentes de transformación na procura dun mundo máis sustentable.

A iniciativa, que botou a andar en novembro de 2020 e que se prolongará durante catro anos, busca tamén reforzar aos gobernos municipais na promoción de políticas a prol do desenvolvemento sostible, tendo en conta a interdependencia local-global.

Procúrase así contribuír a implementar a Axenda 2030, en especial o ODS 13, quechama a adoptar medidas urxentes para loitar contra o cambio climático e os seus efectos. O plan está financiado polo programa DEAR da Comisión Europea e involucra a 19 entidades de Galicia, Portugal, Alemaña, Irlanda, Italia, Polonia, Romanía, Países Baixos e Cabo Verde

Lea también

Casi 2.000 visitantes pasaron este verano por la oficina de turismo de Neda

Casi 2.000 personas fueron atendidas durante este verano en la Oficina de turismo de Neda. …