Fene únese á XVII Limpeza Simultánea de Ríos

Dúas entidades fenesas, AETNA e a Asociación para a Custodia do Bosque Atlántico Betula, participan na XVII Limpeza Simultánea de Ríos, que terá lugar este domingo 29 de setembro.

Esta iniciativa de limpeza ambiental, que se desenvolve en 56 concellos de toda Galicia, contará coa colaboración de máis de 70 entidades, entre asociacións, centros de ensino e colectivos ecoloxistas, co obxectivo de preservar os ecosistemas fluviais da nosa comunidade.

A concelleira de medio ambiente de Fene, María del Carmen Martínez, subliñou a importancia desta xornada: “Os nosos ríos son unha parte esencial da paisaxe e do ecosistema local. A Limpeza Simultánea de Ríos é unha oportunidade de unir esforzos e concienciar á poboación sobre a importancia de coidar o noso ambiente”. “Animamos á cidadanía de Fene a participar e contribuír a manter os ríos limpos para as xeracións futuras”, concluíu Martínez.

Esta acción, que no caso de Fene decorrerá no río Baa, está financiada por Augas de Galicia, a Deputación da Coruña e a Confederación Hidrográfica do Miño – Sil, e forma parte dun amplo esforzo para preservar os recursos naturais e fomentar o compromiso ecolóxico entre a poboación.

As persoas interesadas en participar nesta actividade, pódese consultar na páxina web https://limpeza.proxectorios.org/participantes-2024.

Lea también

La Diputación refuerza su apoyo a la Fiesta del Pan de Neda

Neda será un de los 34 municipios beneficiados con la línea de subvenciones para la …