As Somozas acolle a III edición do Slalom

O Slalom de As Somozas afronta a súa terceira edición o vindeiro 28 de setembro, tras a gran acollida das súas dúas edicións anteriores.

A competición, organizada tanto pola Escudería Moeche como polo propio Concello, trátase dunha proba nacional puntuable para o Campionato de Galicia de Slalom 2024 e consta dun circuíto sobre un pavimento plano e asfaltado con obstáculos, onde o piloto ou pilota poderán demostrar as súas habilidades ao volante.

O certame admite todo tipo de vehículos de turismo, con carrocería pechada dun mínimo de dúas prazas e homologados.

Juan Alonso, alcalde das Somozas, sinala que “o Slalom é un gran atractivo turístico que atrae a xente de toda Galicia ao noso municipio e sitúa ás Somozas como un dos epicentros do motor galego durante esa fin de semana”.

O evento, que da inicio ás 08:00 horas e remata ás 21:45 horas coa entrega de premios, é de carácter nacional e puntuable para o Campionato de Galicia.

Archivo-Slalom 2023

Lea también

El Racing de Ferrol informa sobre las entradas adquiridas para el partido frente al Burgos CF

Los aficionados pueden solicitar ya la devolución de las entradas. Ante el aplazamiento del partido entre el Racing …