Entrega en Narón dos diplomas de accións formativas con certificación PEMP (UNE)

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e a concelleira de Formación, Natalia Hermida, entregaron os diplomas de dúas accións formativas de Operador de carretillas e plataformas elevadoras con certificación PEMP (UNE), do Programa municipal de Formación.

Unha vintena de alumnos recolleron os diplomas no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara. Estas accións formativas impartíronse dende o 29 de xullo ata o 12 de agosto deste ano, unha en horario de mañá e outra de tarde, nas citadas instalacións municipais.

Cada un dos cursos contou con dez alumnos, tal e como recordou a rexedora local. Ferreiro interesouse ante o alumnado pola súa valoración deste curso en particular e do programa de formación municipal en xeral e felicitouno por rematar este curso. Así mesmo, avanzou que, entre outras accións, está prevista unha nova sobre Operador de carretillas e plataformas elevadoras con certificación PEMP (UNE) antes de que remate este ano.

A rexedora local animou ao alumnado a continuar formándose para poder mellorar a súa empregabilidade e tamén a facer uso de todos os servizos de formación e emprego permanentes cos que conta o Concello naronés, que se poden consultar a través do enlace:  https://naron.gal/web/docs/triptico_emprego.pdf

Lea también

Los bomberos de Narón participan en Portugal en los X Juegos Europeos para Policías y Bomberos

Los bomberos de Narón se encuentran participando en la X Edición de los Juegos Europeos …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *