Resolución definitiva nas Pontes das axudas á escolarización

O Concello das Pontes publica a resolución definitiva das axudas ás familias para a escolarización dos seus fillos para o curso 2024-2025. Os listados poden consultarse na paxina web do concello e no taboleiro de anuncios do Concello e no taboleiro de anuncios de servizos sociais.

Fuente Concello As Pontes

Segundo as bases reguladoras específicas da axudas ás familias para a escolarización dos seus fillos para o curso 2024/2025, trala resolución de concesión da axuda económica, as contías serán aboadas ás persoas solicitantes propostas como beneficiarias, mediante a entrega dun vale indivisible e canxeable por material escolar.

Deste xeito, dita persoa deberá acudir ás oficinas de Servizos Sociais (2º andar da Casa Dr. Dopeso) a partires deste 18 de setembro, en horario de 8:30 a 14:00 horas para retirar o vale da axuda concedida. Terá que recoller o vale, presentado o seu DNI, a persoa que solicitou a axuda e que aparece neste listaxe. No caso de que non poda acudir persoalmente dita persoa, deberá facer unha autorización a favor de outra persoa, que acudiría coa autorización e cos DNI/NIE da persoa que autoriza e da persoa autorizada.

Este vale poderá ser canxeado polo material escolar polo importe que figura no documento, antes do 30 de novembro de 2024, nos establecementos e entidades colaboradoras que teñan asinado convenio de colaboración co Concello das Pontes de García Rodríguez.

Resolución: Consultar este enlace

Lea también

Siguen abiertas las ayudas de la Xunta para compra de vivienda por menores de 36 años en municipios de menos de 10.000 habitantes

La actual convocatoria permanece abierta hasta el 16 de noviembre y conta con un crédito …