Comenza en Narón o ciclo de Cine de animación no Pazo da Cultura

O ciclo de Cine de animación organizado polo Concello de Narón, a través do Padroado da Cultura, e o Cineclube Serie B comeza este mércores 18 pola tarde no Pazo da Cultura coa proxección da película Fantástico Sr. Fox, dirixida por Wes Anderson.

George Clooney, Meryl Streep, JAson Schwartzman, Bill Murray e Owen Wilson forman o reparto desta película, protagonizada por un astuto raposo chamado Fox que parece que leva unha vida idílica coa súa muller e o seu fillo pero que polas noites rouba galiñas e outras aves en granxas próximas á súa vivenda, o que provocará unha reacción por parte dos seus veciños.

Tres granxeiros unen forzas para atrapar ao raposo e os animais da zona farán o propio para poñerse a salvo dos humanos. O filme baséase no libro homónimo do escritor de literatura infantil Roald Dahl. A proxección dará comezo ás 20:00 horas e a entrada é de balde.

O día 25 de setembro poderase ver “Arrugas”, de Ignacio Ferreras; e en outubro, o día 2 “Psiconautas” e o 9 “La vida de calabacín”. Co fin deste ciclo continuará no Pazo o ciclo de Cine europeo, do 30 de outubro ao 20 de novembro.

Lea también

Los tres finalistas del Concurso Intl de Piano Ciudad de Ferrol actúan en el auditorio

La organización del XXXIV Concurso Internacional de Piano Ciudad de Ferrol ha comunicado el nombre …