Narón licita en 2,7M€ a xestión das tres escolas infantís

O Concello de Narón reserva unha partida de 2.778.010,78 euros para proceder a licitar a xestión das escolas infantís municipais da Solaina, A Gándara e Piñeiros por un período de dous anos.

O anuncio está na Plataforma da Contratación do Sector Público e as empresas interesadas en presentar as súas ofertas dispoñen de prazo ata o vindeiro 15 de outubro.

O prego do contrato establece que a través do mesmo se licita a xestión integral dos tres centros, incluíndo o servizo educativo principal, a acollida, a permanencia, os servizos de comedor e limpeza e as actividades complementarias (lavandería, limpeza exterior, mantemento, fornecemento de consumibles e combustibles…).

Cada unha das escolas conta con seis unidades, cun total de 82 prazas de atención simultánea. As dúas unidades para menores de 0 a 1 anos ofrecen 16 prazas; as dúas para os de 1 a 2 anos ofrecen 26 prazas e as dúas unidades restantes, para os de 2 a 3 anos, un total de 40 prazas.

En canto ao horario, os centros abrirán as súas portas de luns a venres durante todo o ano (excepto os festivos nacionais, autonómicos e local), contemplándose a opción dunha organización especial nos meses de xullo e agosto en función da demanda.

Abren as súas portas dende as 7:30 ata as 20:00 horas de xeito ininterrompido, podendo ser modificado polo Concello en función das necesidades do servizo.

“O Concello ten que afrontar un importante desembolso para poñer a disposición das familias da nosa cidade un servizo que a Xunta asume noutras cidades ao completo”, recalcou a alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, lamentando «a situación de desvantaxe en que a Xunta de Galicia deixa ás familias de Narón, facendo que sexan elas, cos seus impostos e os de toda a veciñanza, os que teñan que asumir os gastos destas escolas infantís cuxas obras xa asumiu na súa época o propio Concello polo mesmo motivo”.

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …