A afluencia de visitantes notouse na cantidade de residuos retirados do colector verde, que ascendeu en xullo e agosto a 798,56 toneladas.
A afluencia de visitantes no verán deixouse sentir tamén no servizo de recollida de residuos sólidos urbanos, cun incremento notable nas cantidades retiradas. Así se puxo de manifesto na reunión de traballo que esta semana mantiñan o alcalde, Alberto González, e o concelleiro de Servizos, Benito Vega, cos responsables de FCC no municipio, Bruno Ponte e Iván López, no marco dos encontros de seguemento do contrato.
En xullo e agosto deste ano, o volume de residuos retirados do colector verde aumentou en preto de 50.000 kgs respecto aos mesmos meses de 2023, cun incremento especialmente pronunciado en agosto, cando se recolleron 29,62 toneladas máis. Así, en cifras absolutas, retiráronse 798,56 toneladas de residuos nestes dous últimos meses.
Esa tendencia alcista tamén seu deu respecto ás cifras de reciclaxe. O volume de recollida de envases lixeiros medrou un 61,5%, ata as 12,3 toneladas, namentras que o papel-cartón incrementouse nun 20,3%, ata as 4,85 toneladas.
Finalmente, no capítulo de enseres e voluminosos recollidos, as cifras foron similares ao pasado ano, aumentando lixeiramente en xullo e reducíndose tamén de forma leve en agosto. No cómputo xeral, 60,28 toneladas retiradas.
En cifras comparativas:
Verán 2024
Fracción resto 798,56 Tn, Envases lixeiros 32,28 Tn, Papel e Cartón 28,64 Tn, Enseres e voluminosos 60,28 Tn, Total de residuos recollidos: 919,76 tn.
Verán 2023
Fracción resto 754,9 Tn, Envases lixeiros 19,98 Tn, Papel e Cartón 23,79 Tn, Enseres e voluminosos 62,38 Tn, Total de residuos recollidos 861,05 tn.