Se retoman en Narón as mesas de conversa en inglés e os clubs de lectura

A Biblioteca municipal  de Narón retomará no mes de outubro as actividades permanentes para adultos: as mesas de conversa en inglés, o club de lectura xeral e o club de lectura feminista.

A concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro, informou que este mes de setembro se abrirán os prazos de preinscrición para que as persoas que queiran participar poidan reservar a súa praza e retomar estas propostas tralo parón do período estival.

As primeiras das propostas para as que se abrirá o prazo de preinscrición serán a do club de lectura feminista e a do club de lectura xeral. O primeiro deles reúnese unha vez ao mes para coñecer, reflexionar e compartir sobre cuestións diversas dende unha perspectiva feminista a través da lectura de obras de diferentes autoras.

As sesións celébranse sempre os xoves, en horario de 18:00 a 19:30 horas e as do primeiro trimestre fixáronse para os días 17 de outubro, 14 de novembro e 12 de decembro. Así mesmo, no club de lectura xeral as reunións serán os martes, un ao mes, de 19:00 a 20:30 horas para comentar lecturas comúns, que se fixaron para os días 15 de outubro, 12 de novembro e 10 de decembro deste ano.

En ambos casos ofértanse 12 prazas e as persoas interesadas en asistir deberán anotarse ata o 11 de setembro na Biblioteca municipal de xeito presencial ou chamando ao número de teléfono 981 382 173.

As mesas de conversa en inglés, para mellorar o nivel de expresión oral nese idioma, celébranse todos os luns, en dúas quendas, unha de 17:00 a 18:00 e outra de 18:00 a 19:00 horas. Neste caso, tal e como recordou a edil de Bibliotecas, a lista de inscrición para cada luns -día no que se celebran- os mércores anteriores ás 9:30 horas, tamén de xeito presencial ou telefonicamente na Biblioteca.

O mércores 2 de outubro abrirá o prazo para a primeira sesión deste trimestre, que será o luns 7 de outubro. A concelleira naronesa destacou que se trata de tres actividades de balde que cada ano teñen moi boa acollida entre a veciñanza, polo que animou ás persoas interesadas a anotarse nas mesmas.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …