O circuíto de Kars acolle o VF Challenge Gran Premio Concello de As Pontes

O circuíto de velocidade de As Pontes acolle esta fin de semana unha nova edición do VF Challenge MR Gran Premio Concello de As Pontes.

Fuente Concello de As Pontes

A proba, na que participará preto de 80 pilotos de Galicia, Asturias, Castela e León e Portugal, desenvolverase os días 7 e 8 de setembro en xornada de mañá e tarde, con quendas para adestramentos libres, oficiais e mangas cronometradas das que sairán os gañadores do trofeo local.

A convocatoria, organizada dende o equipo VF Timing, volve contar co respaldo do Concello das Pontes, mediante o departamento municipal de Deportes, e constará de cinco categorías infantís e de adultos: Minimotos, Supermoto, Pitmotard, Minivelocidade e GP Sport.

Segundo apuntou a concelleira Elena López, a cita vai ser todo un espectáculo ao reunir, unha vez máis sobre o asfalto pontés, aos nomes máis destacados destas disciplinas. A edil agradeceu a aposta, unha vez máis, polo circuíto local para acoller unha nova proba do calendario nacional e convidou a veciños e visitantes a gozar dunha fin de semana diferente e na que as instalacións pontesas se convertirán, unha vez máis, en todo un referente do motociclismo nacional.

Neste senso, a edil de Deportes deu conta da necesidade de seguir a dotar de contido estas instalacións da man non só de probas coma a que terá lugar esta fin de semana, senón de actividades de carácter formativo, como foi o caso do proxecto Xogade coas Motos, e que demostran a boa calidade do circuíto local.

Pola súa banda, dende o clube organizador do evento VF Timing, Sandra Fernández quixo agradecer a boa disposición e gran colaboura do concello das Pontes, en cada unha das ocasións que optan polo circuíto municipal para as súas actividades.

En relación á proba, Fernández deu conta da espectaculiridade e gran calidade dos e das pilotos que se darán cita nas Pontes esta fin de semana, con nomes propios coma o pontés Fran Da Silva Montes que competirá na modalidade MiniGP 110 ou o vigués Iker García Alonso, rival de Da Silva polo título.

Horarios

A competición arrincará o sábado 7 cos adestramentos libres dos pilotos de todas as categorías, dende as 10.00 horas.

O domingo 8, a actividade en pista non comezará ata as 9.30 horas cos adestramentos cronometrados aos que seguirán as dúas mangas oficiais puntuables (11.35 e 13.55) A entrega de premios está marcada para as 16.00 horas.

Lea también

El VII Campeonato de Bodyboard Ciudad de Ferrol se celebrará del 4 al 6 e octubre en Doniños

Contará con prueba local y gallega de esta disciplina y, en total, participarán 150 personas. …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *