Entrega en Narón dos diplomas do itinerario formativo de Prevención de Riscos laborais

A concelleira de Formación de Narón, Natalia Hermida, entregou os diplomas aos dezaoito alumnos que realizaron o itinerario formativo de Prevención de riscos laborais, Prevención de riscos laborais e medio ambiente no sector naval e Prevención de riscos laborais en espazos confinados e traballos en altura.
 
 
A acción enmarcouse no Programa Municipal de Formación e impartiuse nas instalacións do centro Irmás Froilaz, na Gándara, entre os meses de xullo e agosto deste ano.
 
A edil naronesa recordou que o curso, dirixido a persoas desempregadas de Narón, ofreceu formación sobre seguridade no traballo, riscos xerais e a súa prevención no sector correspondente á actividade das empresas. Incluíu ademáis módulos transversais de Igualdade de oportunidades, emprendemento e orientación laboral e búsqueda de emprego.
 
Hermida destacou a importancia do Programa municipal de Formación, “único na comarca, con cursos ao longo de todo o ano en diferentes familias profesionais, cun obxectivo, que é a inserción laboral das persoas desempregadas”.
 
Ademáis, recordou ao alumnado deste itinerario “os diferentes servizos que se ofrecen dende a área de Formación, recollidos no tríptico Conectados polo emprego –que se pode consultar a través da web municipal no enlace: https://naron.gal/web/docs/triptico_emprego.pdf-, como son a intermediación laboral, orientación laboral, formación e emprendemento”.

Lea también

El BNG exige al Gobierno parar el desahucio de una familia en un edificio de la Sareb en Narón

El diputado del BNG en el Congreso, Néstor Rego, ha pedido este sábado al Gobierno …