Concello e Club Deportivo Narón 101 abren inscrición nas 21 Leguas Kids

No prazo dun mes celebrase a proba deportiva de ultrafondo organizada polo Concello de Narón e o Club Deportivo Narón 101 que, nesta terceira edición, é xa todo un referente, reunindo a un preto de un milleiro de participantes de diferentes idades, estando actualmente inscritas case 900 persoas.

A convocatoria terá un apartado específico para menores de entre 4 e 14 anos, que se poderán inscribir dende este luns día 2 ata o 15 de setembro, nas categorías establecidas.

Os menores poderán participar nas carreiras que se desenvolverán no propio paseo de Xuvia ao longo da mañá do día 28. A modalidade de gatos diríxese a nenos de 4 a 7 anos, que percorrerán unha distancia de 100 metros, con saída ás 10:00 horas.

A continuación, sobre as 10:20 horas, sairán os da categoría de linces, de 8 e 9 anos, para facer un percorrido de 500 metros e ás 10:45 será o turno dos tigres e nenos de 10 e 11 anos, que correrán por un tramo de 750 metros.

Finalmente tamén se habilitou a categoría de leopardos, para menores de 12 a 14 anos e que ás 11:00 sairán para facer un percorrido de 1.250 metros.

As inscricións de menores, nas que se ofertan un centenar de prazas, poden realizarse a través da plataforma: https://eventos.emesports.es/inscripcion/21-leguas-kids-2024/.

Dende a propia organización recordaron que ademais, de xeito excepcional, se abrirá un prazo extra para que se inscriban nas “21 Leguas. Os 101 quilómetros de Narón” os adultos que o desexen dende este xoves ata este domingo, día 1 de setembro.

A tramitación das mesmas pode realizarse a través dos enlaces: https://21leguas.es/inscripciones/ e https://eventos.emesports.es/inscripcion/21-leguas-24/.

Lea también

Buenos resultados para el Sincro Ferrol en la quinta jornada de la Copa Promoción de natación artística

Este fin de semana se celebraba la quinta jornada de la Copa Promoción de natación …