O alcalde de As Pontes visita as obras do campo do Poboado

O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, acompañado da concelleira de deportes, Elena López, visitou as instalacións deportivas do Poboado das Veigas para comprobar de primeira man o estado das obras da galería cuberta do campo de tiro con arco, e da bancada cuberta do campo de herba artificial “Evaristo Puentes”.

A galería cuberta das actuais instalacións do campo de tiro con arco trátase dunha obra adxudicada a Huso 29 Estudios y Construcciones S.L. cun orzamento de 211.000 euros, e con cargo a fondos propios.

A nova instalación localízase no extremo final da actual zona de tiro para, deste xeito, investir o sentido da mesma e evitar que á luz do atardecer afecte á visibilidade dos arqueiros.

Trátase dunha nave cuberta e pechada, que servirá de almacén para os parapetos das dianas e outros útiles de tiro e cuxa cuberta se prolongará catro metros para xerar un soportal onde poder adestrar, ao aire libre, completamente protexidos das as condicións meteorolóxicas adversas.

Estase a construír tamén unha nova soleira que servirá como liña de tiro exterior para poder organizar competicións oficiais, localizada a 90 metros da zona cuberta que existe na actualidade.

Tras visitar o estado desta obra, o alcalde das Pontes, Valentín González Formoso amosábase satisfeito con esta mellora nas instalacións do campo de tiro con arco “que vén a reforzar a un clube como Sílex, que está en continua evolución e crecemento; unha entidade que é unha auténtica escola de campións e campioas, da que xurdiron grandes arqueiros como Miguel Alvariño, que representou a España nos Xogos Olímpicos de 2016, ou Daniel Castro, olímpico en Tokio 2020”.

Por outra banda, a bancada cuberta do campo de herba artificial “Evaristo Puentes” foi adxudicada á empresa Construcciones Guerreiro Somozas S.L. cun orzamento de 97.913 euros, con cargo a fondos municipais.

Esta nova bancada sitúase no lateral noroeste do campo, centrada na metade do mesmo, ocupando o espazo libre existente entre o campo e o peche vexetal que separa as instalaciós deportivas da Ronda do Poboado.

Esta nova bancada, ademáis de albergar 168 localidades, cubrirá os dous metros de ancho de beirarrúa existente que separará a bancada do campo de xogo, ofrecendo maior protección aos espectadores que acudan ao campo a gozar das competición deportivas.

Segundo declaraba o alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, “esta obra permitirá dar resposta á demanda dos clubes deportivos da vila que empregan esta instalación, xa que son máis de 500 deportistas os que fan uso deste campo durante a temporada; así como ás demandas dos espectadores que, cada fin de semana, se achegan ata o campo “Evaristo Puentes” para gozar de diferentes competicións deportivas sen ter que sufrir as consecuencias das inclemencias meteorolóxicas, dunha forma cómoda e axeitada”.

Lea también

El Racing de Ferrol se enfrenta al CD Lugo arropado por más de 1.200 racinguistas

  El Racing Club Ferrol visita este sábado al CD Lugo en el Anxo Carro …