Francisco Victoria Cánovas levou o primeiro premio do certame de pintura rápìda de Cedeira

Primeiro premio

Unha trintena de artistas chegados de diferentes puntos de dentro e fóra de Galicia participaron este domingo no Certame de Pintura Rápida “Vila de Cedeira”, que nesta décima edición incrementou o número e a contía dos premios.

O coruñés Francisco Victoria Cánovas, artista que ten participado tamén con éxito en anteriores edicións, mereceu desta volta o primeiro premio, dotado con 900€ e diploma.

Segundo premio

Juan Carlos Triñanes Buceta, de Rianxo, e Marta Bravo López, de Gijón, levaron o segundo e terceiro premio, dotados con 700 e 500€ respectivamente.

Terceiro premio

Por primeira vez o xurado elixiu tamén catro accésits, dotados cada un deles con 100€, que foron para Frandisco Javier González Palacios, Benigno Rodríguez Sánchez, Laureano Fernández Vidal y Andrés Gabarres Cagiao.

O xurado estivo formado polo concelleiro de Cultura, Xosé Antón Arribe Rodríguez, e polos artistas Sarah Louise Jeffery e Andrés Urrutia Beato, que destacaron o alto nivel e o interese das obras presentadas ao certame.

Lea también

Franz Ferdinand, Los Planetas y Nacho Vegas, entre los artistas y grupos que actuarán en el Atlantic Fest

Franz Ferdinand, Two Door Cinema Club, Carolina Durante, Los Planetas, Shame, Nacho Vegas, Carlos Ares, …