XXXI Trofeo de fútbol Concello de San Sadurniño

Este domingo 25 se celebran os encontros do XXXI Trofeo de fútbol Concello de San Sadurniño. Un clásico que  coincidiu practicamente sempre co San Roque e que en 2023 incorporou ao programa o fútbol feminino.

Este ano serán as cadetes do Racing de Ferrol e do Narón quen abran o trofeo o citado domingo ás 11:30h, mentres que pola tarde, ás 18:30h, a UDC Narahío recibirá á ADC Moeche.  

O partido da mañá entre as mozas do CD Narón e o Racing Club Ferrol seguramente sexa todo un espectáculo futbolístico pola calidade que teñen demostrado as xogadoras de ambas formacións, adscritas á liga galega cadete feminina.

Cabe agardar que tanto o equipo ferrolán como o naronés ofrezan un xogo moi rápido e técnico no que queda por ver quen o despregará con maior efectividade: un Narón máis consolidado, con máis canteira e máis experiencia, ou ben un Racing que aínda está tentando artellar a ala feminina do club. O resultado verémolo este domingo a partir das 11:30h no campo da Veiga.

O partido masculino entre a Unión Deportiva e Cultural Narahío e a Asociación Deportiva e Cultural Moeche xogarase tamén o domingo, pero á tardiña (18:30h). Ambos equipos aproveitarán o trofeo municipal para poñer a punto as súas respectivas escuadras de cara ao inicio da liga na segunda rexional a mediados de setembro.

Moeche e Narahío militan na mesma categoría, ao igual que o CF San Sadurniño, eterno rival dos locais ausente nesta edición do trofeo por desaxustes na súa axenda de partidos. Unha falla que non impedirá gozar dunha fantástica tarde de fútbol na Veiga pero que si nos privará dos apaixoantes derbis que o Sansa e o Narahío nos serviron ao longo da historia do trofeo municipal.

Lea también

Nico Rosa, jugador más regular de O Parrulo Ferrol para el Premio Hyundai ante UD Ibiza Gasifred

O Parrulo Ferrol jugaba el pasado sábado delante de su afición en el Pabellón de …