San Sadurniño recibe 778.246€ do Plan Único da Deputación

O concello de San Sadurniño acolleu a visita da deputada de plans provinciais e asistencia a municipios, Cristina García Rey, que presentou os datos do Plan Único na localidade e visitou unha das obras financiadas, acompañada do alcalde, Secundino García, e parte da corporación municipal.

Concretamente, visitaron o espazo da futura obra de ensanche e pavimentación do Camiño de Corrás, que se execturá co importe adicional de 2024, “unha obra que se levou a cabo grazas ao Plan Único da Deputación, que lle permite aos concellos investir os fondos públicos nas obras e servizos que consideren prioritarios”, apuntou a deputada. “Tamén lles permite ser máis efectivos na posta en marcha dos proxectos e, sobre todo, mellorar o benestar da veciñanza”.

Neste exercicio, o Plan Único destinou a San Sadurniño un importe de 778.246€. En total, a comarca de Ferrol (Ares, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón, Valdoviño, San Sadurniño, Moeche, As Somozas e Cedeira). Neda recibiu 10.101.621,22 € por parte da Deputación. Unha cantidade que forma parte do total destinado aos 93 concellos da provincia, que alcanza os 100,5 M€.

“Para nós é fundamental que sexan os gobernos municipais os que decidan como queren investir os fondos da Deputación, que se reparten con criterios obxectivos entre todos os concellos da Coruña”, sinalou Cristina García. “Ademais, este plan cobra especial relevancia en concellos pequenos como San Sadurniño, chegando a representar nalgúns casos ata o 30% do seu orzamento total”.

 

Lea también

Un taxista logra salvarse, a nado, tras precipitarse su coche al mar en As Pías, Fene

Sobre las doce y veinticinco de este jueves, día 21, saltaron todas las alarmas al …