Cerdido celebrou o 30º aniversario da Área recreativa O Castro, epicentro da actividade cultural do municipio

A xornada incluíu música, un xantar popular e actividades para todas as idades.

O Concello de Cerdido celebrou este domingo, 11 de agosto, o 30º aniversario da Área Recreativa O Castro, en colaboración coa asociación cultural Airiños dos Carrís.

Foi nun evento con moita música, un xantar popular e actividades para todas as idades. A xornada deu comezo co concerto de Dani Barreiro & Friends. A continuación ofreceuse un xantar popular con racións de churrasco e empanada. Ao longo da tarde tiveron lugar xogos para todos os públicos como inchábeis, globoflexia e campionatos de tute e dominó.

A partir das 19 horas, Carlos Bau Dúo ofreceu outro espectáculo musical e, por último, rematouse co concerto de Los Alcántara, a partir das 20 horas.

En palabras do alcalde, Alberto Rey, “a Área recreativa O Castro é o centro neurálxico da actividade cultural no concello de Cerdido, e eventos como este 30º aniversario sérvenos para poñer en valor a súa actividade”. “Desde o noso equipo de goberno temos a intención de seguir apostando por esta área recreativa, realizando melloras e dinamizando o programa de actividades que se desenvolven alí” engadiu.

Por último, o rexedor quixo “agradecer a súa colaboración á asociación Airiños dos Carrís, que nos axudaron a facer posible este evento”.

 

Lea también

Fernando Lores Heredia, galardonado en el Museo Naval de Ferrol con el Premio de Pintura de la Mar ‘Almirante 2026’ 

Este jueves día 29 de octubre, a las 12.00 horas, se ha celebrado en la …