As Somozas celebra as festas na honra a Santiago Apóstol

A tradicional festividade dará comezo pola noite o mércores, 24 de xullo, coas orquestras ‘La Fórmula’ e ‘Panorama’.

O xoves 25 de xullo, terán lugar varias misas na capela de San Roquiño, ás 10:00 horas, ás 11:00 horas e ás 12:00 horas. Ás 13:00 horas celebrarase misa e procesión na Igrexa parroquial. A sesión vermú estará amenizada polos grupos musicais ‘Tafornelos’ e ‘Galilea’ e, xa pola noite, actuarán as orquestras ‘Galilea’ e ‘Gran Parada’.

O venres 26 de xullo, celebrarase unha misa solemne na igrexa parroquial ás 13:00 horas, onde a sesión vermú estará amenizada pola orquestra ‘Solara’. Pola noite volveremos desfrutar da súa música e da orquestras ‘Solara’ e ‘Cinema’.

O sábado 27 de xullo, ‘Andrés Balado’ renderá unha homenaxe aos clásicos do rock nun gran concerto que dará comezo a partir das 22:30 horas.

O domingo, 28 de xullo, a Festa do Neno poñerá, a partir das 17:00 h, o broche de ouro a estas festas patronais.

Desde o Goberno local animan “a todos os veciños e visitantes a achegarse ata a nosa vila para gozar duns días festivos marabillosos e para todos os públicos”.

Lea también

Fernando Lores Heredia, galardonado en el Museo Naval de Ferrol con el Premio de Pintura de la Mar ‘Almirante 2026’ 

Este jueves día 29 de octubre, a las 12.00 horas, se ha celebrado en la …