BNG de Ferrol lamenta que non se teña convocado o Consello Escolar Municipal

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera que «o goberno local de Ferrol volve a desprezar á comunidade escolar municipal e lamenta que unha vez máis non se teña convocado neste final de curso o Consello Escolar Municipal».

María López, concelleira do BNG, salienta que «a pesar das reiteradas peticións do noso grupo para a convocatoria de xeito urxente e extraordinario do Consello Escolar Municipal, este goberno decidiu unha vez máis deixalo para setembro segundo se nos informou na pasada comisión de Educación, e onde estivemos esperando dende a semana pasada onde a concelleira informou que se ía convocar a primeiros de mes».

«No BNG entendemos que se ben as datas non son as máis idóneas, o certo é que o Consello Escolar xa se tiña que ter convocado con anterioridade, debido a problemática que hai cos comedores, cuns pregos que nunca foron mostrados a este órgano de participación».

María López anota tamén «a necesidade de abordar a situación dos colexios da cidade sobre a situación da matriculación onde quedaban crianzas a espera de ser admitidas e sen poder matricularse, e da que aínda a concelleira non informou sobre se xa estaba arranxado ese problema, como no caso do CEIP A Laxe que levamos ao pleno do pasado mes de xuño».

«Cremos que estas dúas problemáticas teñen a suficiente entidade para que a comunidade educativa do concello de Ferrol tivera podido valorar e enfocar estes problemas para darlles unha solución».

«Por iso é que lamentamos que unha vez máis este goberno non lle dea valor nin voz aos entes participativos deste concello, como é o Consello Escolar Municipal, é temos que esperar ate setembro para falar destes temas no consello».

Lea también

Sabores de outono, cita gastronómica con premio en el barrio ferrolano de Ultramar

  Este fin de semana tendrá lugar en el barrio de Ultramar la primera edición …