Axenda en Narón do 12 ao 14 de xullo de 2024

Venres 12 de xullo de 2024

-Actividade: Cine de verán: A todo tren 2, a las 22:30 horas en la Praza da Gándara.

O ciclo Cine de Verán continúa na Praza da Gándara, onde se poderá ver a película A todo tren 2. O Padroado da Cultura organiza este ciclo en colaboración coa Deputación da Coruña. A entrada é de balde.

Sábado 13 de xullo de 2024

-Actividade: «Noite no mosteiro«;  De 22:30 a 01:00 horas, no Mosteiro do Couto e inmediacións do cenobio.

O Concello organiza un ano máis este evento, que consistirá nun espectáculo artístico de iluminación no interior exterior do cenobio e tamén de música sacra no interior do mesmo. A capacidade é limitada e o acceso de balde.

Domingo 14 de xullo de 2024

-Actividade: «Festa gastronómica do Pemento do Couto». 

Ás festa dará comezo ás 13:00 horas coa lectura do pregón polo xornalista e artista plástico Siro López, para a continuación comezar o apartado gastronómico. O xantar popular será a partir das 14:00 horas na carballeira do Couto, nas inmediacións do centro cívico social da parroquia; Os comensais poderán degustar churrasco con pementos do Couto e cachelos, acompañados con pan, auga, viño e café ao tizón, a prezos populares.

Os boletos do xantar poden adquirirse, a un prezo de 15 euros para adultos e 7 euros para menores de 14 anos, no centro cívico social do Couto, de 18:00 a 23:00 horas, chamando ao teléfono 981 390 778 ou na oficina da Cooperativa do Val. Ás 17:00 horas dará comezo o baile, amenizado por Jorge Latino.

Organiza o Concello en colaboración coa AVV do Couto, a Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto e a Cooperativa do Val.

 

Lea también

O Pazo da Cultura de Narón acolle un espectáculo de danza e música tradicional

O Pazo da Cultura de Narón acolle este sábado 30, ás 20:00 horas, un espectáculo …