As Pontes asina os convenios de colaboración con SEARA e COHEMPO

A concelleira de industria, Ana Pena, e a concelleira de promoción económica, Elena López, asinaron en representación do Concello de As Pontes os convenios de colaboración con José Castro, da Asociación de Empresarios SEARA, e con Montserrat Gastelu, da Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios  COHEMPO.

A través destes convenios o goberno local quere amosar o seu compromiso co tecido empresarial do municipio, promovendo e apoiando as actividades levadas a cabo polas dúas entidades a prol da economía local e a dinamización e unión empresarial, tanto a través do fomento da cultura emprendedora como impulsando o comercio de proximidade, a hostalaría e sector servizos no seu conxunto.

A asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios Ponteses COHEMPO, ó abeiro deste acordo, recibirá unha achega de 45.000 euros, para a posta en marcha de campañas e actividades de dinamización para as empresas asociadas, cursos de formación e talleres, gastos xerais e investimento para o ano 2024.

No caso da Asociación de Empresarios SEARA, o Concello de As Pontes achegará 38.500,00 €, para o financiamento do programa de asesoramento a emprendedores e consolidación de proxectos empresariais, as actividades da Rede de Autónomas e Empresarias, o servizo de consultaría sobre axudas e subvencións, o programa de asesoramento financeiro así como para facer fronte aos gastos xerais e investimento da entidade durante o ano 2024.

Lea también

La oficina de turismo de Neda registra hasta septiembre más de 1.800 visitas

Más de 1.800 personas pasaron hasta el mes de septiembre por la oficina de turismo …