O Concello de Pontedeume informa de que estanse a realizar os remates dos traballos de humanización, pavimentación, renovación de servizos e mellora das inmediacións da rúa río Eume e praza Mestre Álvaro Vázquez Penedo.
“Unhas obras coas que a imaxe e distribución da zona cambiou radicalmente, eliminando ademais barreiras arquitectónicas, garantindo a accesibilidade aos portais e habilitando novos percorridos para o tráfico”, explica o alcalde, Bernardo Fernández.
Así mesmo, os espazos resultantes nalgunhas beirarrúas dotáronse de novas zonas verdes, ao tempo que se habilitaron novas prazas de estacionamento para vehículos, ordenando ademais dunha mellor maneira o tráfico. Tamén renováronse os servizos de abastecemento, saneamento e recollida de pluviais da zona.
“Tratouse polo tanto de facer unha zona máis habitable e cómoda para os veciños”, engade o alcalde.
“Nesta liña, nas vindeiras semanas continuaremos co mesmo concepto de humanización, co inicio das obras na marxe dereita da avenida da Coruña e da rúa Camiño Estreito, que se adxudicarán esta semana”, remata Fernández.