Equiocio Ferrol e Columba convidan a realizar a Volta ao Cabo Prior

Equiocio Ferrol volve aliarse coa Sociedade Cultural Columba na promoción do territorio e impulsa unha nova saída do programa “En Ruta con Equiocio”. Nesta ocasión, propoñen a Volta ao Cabo Prior, un enclave de interese xeolóxico e ambiental que, no seu día, foi estratéxico dende o punto de vista militar.

Foto Equiocio
Foto Equiocio

A visita guiada celebrarase este sábado 13 de xullo, con participación libre e gratuíta, como vén sendo habitual. O presidente de Columba, José Manuel López Hermida, todo un experto na materia, será o encargado de guiar o itinerario polas baterías de costa que hai na zona, hoxe en ruínas, descubrindo o papel que xogaron, especialmente tras o inicio da Segunda Guerra Mundial, na defensa da base naval de Ferrol-A Coruña.

O itinerario, duns 10 km, presenta unha dificultade media-baixa, e a saída terá lugar ás 10:30 horas das inmediacións do Bar Horizonte, en Covas, co que as persoas interesadas en tomar parte deberán presentarse con 15 minutos de antelación. Está aberta a nenos e persoas maiores, aínda que os menores deberán ir necesariamente acompañados dunha persoa adulta.

A actividade forma parte do calendario previo de accións do certame, que regresará en agosto co apoio do Concello de Ferrol, Xunta de Galicia, Deputación da Coruña e grandes firmas como Gadis e Estrella Galicia.

Lea también

El alcalde de Ferrol presidió el homenaje al personal funcionario municipal jubilado el último año

El alcalde de la ciudad, José Manuel Rey Varela, presidió este viernes 23 el acto …