O Mosteiro de Caaveiro ofrecerá servicios de atención aos visitantes durante este verán

A Deputación da Coruña publicou este xoves o anuncio de licitación dos servicios de atención dos visitantes ao Mosteiro de Caaveiro durante o verán de 2024.

O Mosteiro de Caaveiro se encuentra en el parque natural de las Fragas del Eume, en A Capela. ​El conjunto fue declarado Bien de Interés Cultural desde 1975 por su importancia arquitectónica.

O Mosteiro de Caaveiro contará con servizos de atención aos visitantes dende o 12 de xullo e ata o 22 de setembro. Así o recolle o anuncio de licitación publicado este xoves, onde se especifican os horarios de visita, que serán de 10:30 a 14:00 horas e de de 16:00 a 20:00 horas  tódolos días da semana.

Esta iniciativa parte da área de patrimonio e contratación da Deputación da Coruña, liderada polo deputado Xosé Penas, “para poñer en valor un monumento tan significativo como é o Mosteiro de Caaveiro, en pleno Parque Natural das Fragas do Eume, que é identidade, cultura e historia”, apuntou Penas.

“A apertura aos visitantes do Mosteiro de Caaveiro súmase a outras iniciativas que temos en marcha , como os procesos de musealización do mosteiro mediante o percorrido do Reino de Galiza”. O obxectivo é “non so dar a coñecer este conxunto patrimonial, senon ofrecer aos visitantes unha atención de calidade, con información sobre este monumento e o seu contexto histórico para convertelo nun enclave turístico nacional”, manifestou Penas.

O Mosteiro de Caaveiro, patrimonio da Deputación da Coruña, alberga un conxunto de edificacións, algunhas xa desaparecidas (Igrexa principal, Igrexa de Santa Isabel, celdas, cabildo, sancristía, pozo, almacéns, arquivo, torre-campanario…), cuxas orixes se remontan ó seculo X, en que se teñen as primeiras noticias da existencia de vida monástica neste lugar.

Lea también

Sanidade publica el listado de 37 zonas de baño prohibidas en Galicia

La Dirección Xeral de Saúde Pública de la Consellería de Sanidade ha publicado el listado …