A Deputación presenta a “Plataforma de recollida de datos turísticos da Comarca do Eume”

Casa da Cultura de Pontedeume

O xoves 11 de xullo de 2024, ás 10:30 horas , a Deputación da Coruña celebra na Casa da Cultura do Concello de Pontedeume, a xornada de presentación da “Plataforma de recollida de datos turísticos da Comarca do Eume”.

Esta plataforma forma parte dunha actuación contemplada no Plan de Sostibilidade Turística en Destino “Fragas do Eume”, promovido pola Deputación da Coruña e financiado con fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

No evento presentarase a plataforma de recollida de datos turísticos, os obxectivos, o alcance e o funcionamento, así como as diferentes ubicacións onde se recollerán os datos. Ademais, expoñeranse os modelos de informes que a plataforma xerará e onde poderán consultarse publicamente os datos turísticos.

Durante o acto contarase coas intervencións do vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira e o equipo de Data Monitoring, creadores da plataforma. Ademais, asistirán os representantes dos concellos da comarca do Eume, involucrados no desenvolvemento e execución do Plan de Sostibilidade Turística en Destino “Fragas do Eume”.

Ademais, invitaranse a empresas do sector turístico para que poidan coñecer as particularidades da plataforma. O evento tamén estará aberto ao público xeral.

Lea también

Miles de escolares en Ferrol son «rondados» nos seus centros escolares

Dentro das I Xornadas Escolares de “As Pepitas”, financiadas pola Axencia de Turismo de Galicia …