Se ultima a segunda etapa do Camiño Inglés, da man do Programa UDC Explorer

 
O Programa de Emprendemento UDC Explorer, liderado polo Servizo de Emprego da Universidade da Coruña, e o Programa Camiño ConCiencia, unha iniciativa de divulgación científica impulsada desde o Campus Industrial de Ferrol polos profesores Ana Ares, Armando Yáñez e Ginés Nicolás.
 
O programa convida, o domingo 14 de xullo, a partires das 10:30 horas, á comunidade universitaria e ao público xeral interesado a participar na segunda etapa do Camiño Inglés que une os concellos de Neda e Pontedeume.
 
O Albergue de Peregrinos de Neda será o punto de encontro dunha camiñada duns 13 quilómetros aproximadamente. Logo de recolleren as súas credenciais, as persoas participantes visitarán a Escola Laica e a Praia da Magdalena no Concello de Cabanas.  A xornada inclúe tamén unha visita guiada polo casco histórico de Pontedeume.
 
As persoas interesadas en participar nesta actividade gratuíta terán que inscribirse chamando 881 01 3616 ou ben enviado un correo electrónico cos seus datos persoais a emprego.vee@udc.gal antes das 14:00 horas do venres 12 de xullo.  As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde inscrición. 

Lea también

Cariño acoge el espectáculo de magia ‘Igualdade, onde estás’ como antesala del 25N

El concello de Cariño acoge este domingo 24 de noviembre, el espectáculo de magia ‘Igualdade, …