Regresa a Narón o ciclo de Cine de Verán ó aire libre

Fot. arch.

O Concello de Narón, a través do Padroado da Cultura e en colaboración coa Deputación da Coruña, organiza un ano máis o ciclo “Cine de Verán”, que se desenvolverá durante catro xornadas deste mes de xullo.

As proxeccións son de balde, sobre unha pantalla de grandes dimensións, e están pensadas para público familiar, iniciándose en todos os casos ás 22:30 horas. A primeira das citas será este mesmo venres, día 5, coa proxección do filme Gisaku na Praza de Galicia, no Alto do Castiñeiro.

Un samurái que espera a cumprir unha misión é o protagonista desta película, que é a historia dunha loita entre o ben e o mal, na que un grupo de personaxes moi distintos entre si deberán traballar en equipo, vencendo conflitos internos e superando varias dificultades.

A segunda proxección terá lugar o 12 de xullo, cando se poderá ver na Praza da Gándara “A todo tren 2”, con Santiago Segura, Leo Harlem e Paz Vega entre os protagonistas.

Os tres son os encargados de levar a un grupo de nenos a un campamento e como o pasado ano quedaron fóra dun tren deixando aos menores dentro, Clara (Paz Vega), non se fía deles e decide levalos ela persoalmente xunto cunha amiga, interpretada por Paz Padilla.

A raíz dun inesperado accidente o problema regresa de novo. “Super Mario Bros” é a película que se poderá ver o día 18 deste mes na praza do colexio de Xuvia. Tres fontaneiros, Brooklyn, Mario e o seu irmán Luigi traballan nunha avaría e viaxan por unha tubería a un mundo máxico pero todo cambia cando se separan e hai que buscar a Luigi.

A última proxección será o 19 deste mes na rúa Francisco Pizarro, na Solaina, onde se poderá ver “Pérez, El ratoncito de tus sueños 2”. Un neno, Lucas, intenta averiguar como o ratonciño Pérez cambia os dentes dos nenos por moedas sin que o vexan. Nese camiño por sábelo só consigue que o ratiño caia nas mans dun empresario que quere facerse millonario vendendo os seus segredos

Lea también

Axenda en Narón do 22 ao 23 de novembro

Venres 22 de novembro de 2024 Actividade: Obradoiro de defensa persoal para as mulleres Hora: …