Ferrol en Común presenta dúas mocións no Pleno centradas nas persoas

Ferrol en Común ven de rexistrar dúas mocións para o seu debate no Pleno de Ordinario que terá lugar este xoves 27 de xuño en horario de mañá. As dúas propostas están pensadas nas persoas, nos seus dereitos e o seu benestar,

A primeira delas ten que ver co consumo de pornografía por parte da mocidade, mentres que a segunda preséntase con ánimo de defender os dereitos do colectivo LGTBI+ e non dar nin un paso atrás.

Todos os estudos consultados recollen cifran altamente preocupantes, 7 de cada 10 menores consumen porno frecuentemente; o 50% dos nenos entre 12 e 15 anos consumiu algún tipo de contido sexual; o 25% fíxoo antes dos 12 anos; o 70% faino de xeito habitual e o 30% define a pornografía coma única fonte de información afectivo-sexual. E todo isto, faise dende internet, un canle gratuíto, ilimitado, doado, anónimo e sen control.

Dende FeC «consideramos que esta realidade é preocupante por razóns máis que obvias: a pornografía traslada unha percepción distorsionada da sexualidade, conleva problemas emocionais e psicolóxicos e normaliza un modelo de relación desigualitario entre homes e mulleres ademais de normalizar a violencia contra as mulleres».

«Por elo, debe ser abordada polas administracións públicas, e dentro das súas competencias o Concello de Ferrol pode elaborar numerosas iniciativas de cada a mocidade e as súas familias para atallar, protexer, educar e sensibilizar sobre pornografía. Na nosa cidade poderíamos actuar sobre máis de 5.000 nenos e nenas de entre 8 e 18 anos».

«Todas as accións poderían levarse a cabo dende a area de xuventude, que na actualidade non conta con políticas propias dirixidas á mocidade, nin realiza ningunha actividade, taller ou curso, polo que sería un bo punto de partida para que esta area comezase a traballar despois dun ano de mandato».

«Doutra banda, presentamos outra moción con motivo do 28 de xuño, día do Orgullo LGTBI+, unha data para lembrar que existe a discriminación por razón de orientación sexual e expresión ou identidade de xénero que condiciona a vida das persoas LGTBI+, o seu acceso ao emprego, a sanidade, a fogares seguros e a vidas plenas dende a infancia á madurez».

«Polo que non hai que dar nin un paso atrás nos dereitos conseguidos e hai que seguir dando pasos adiante por consolidar unha protección e igualdade de dereitos para ás persoas LGTBI+, sobre todo tendo en canto o avance da extrema dereita e os pensamentos rancios e anti dereitos humanos que estamos a ler e escoitar ultimamente».

Por todos estes motivos, Ferrol en Común «quere poñer da súa parte, e propón na súa moción unha morea de iniciativas que se poden levar a cabo dende o Concello coma son: desenrolar todas as medidas previstas na lexislación vixente contra toda discriminación por orientación sexual, identidade de xénero e diversidade familiar; a creación dun Consello Municipal LGTBI+ coma órgano regulador e asesor de todo o relativo ao colectivo; realización de campañas que visibilicen a diversidade en días coma o 31 de maio (Día da Visibilidade Trans) ou 17 de maio (Día contra a LGTBIfobia); poñer en marcha programas específivos para a mocidade LGTBI+ que garantan un desarrollo libre e feliz das dúas identidades»;

Asimesmo «poñer en marcha programas de formación para o persoal do Concello e a Policía Local; adaptar os formularios/solicitudes do Consello en canto á determinación do sexo/xénero e no apartado “pai e nai” en troques de “proxenitores” para adaptarnos ás realidades familiares que demanda a sociedade actual; por último, dotar ás bibliotecas municipais de fondos bibliográficos relacionados coa homosexualidade, bisexualidade, transexualidade e a intersexualidade».

Lea también

Sabores de outono, cita gastronómica con premio en el barrio ferrolano de Ultramar

  Este fin de semana tendrá lugar en el barrio de Ultramar la primera edición …

Un comentario

  1. Ferrol en Común pretende hacerse notar. No hicieron absolutamente nada. Y la concejala de asuntos siciales, Sainza, será recordada por la polémica con Srstayo por el color de unas mochilas para los niños…
    En tonterías ha sido en lo que dedicaron unos y otros su mayor empeño. Pero ahora todos unidos para atacar a un alcalde que llega con animos de trabajar y de mejorar nuestra ciudad…
    Es lamentable el grado de descaro de muchos politicos que lo que mejor saben hacer es meter palos en las ruedas a quien trabaja y se esfuerza por mejorar nuestra ciudad.