O Centro Manuela Pérez Sequeiros acolle en Narón un “Faladoiro Diversidade LGTBI+”

O Centro Sociocomunitario Manuela Pérez Sequeiros acollerá este mércores 26 en Narón un faladoiro sobre diversidade LGTBI+ impulsado por Alas Coruña e que conta coa colaboración, entre outras administracións, do Concello.

A edil de Igualdade, María Lorenzo, explicou que a convocatoria terá lugar ás 17:00 horas e está aberta á participación da cidadanía en xeral. Dous técnicos de Igualdade de Alas Coruña, Óscar Rodríguez e Pablo Zas, serán os encargados de impartir este obradoiro, de aproximadamente unha hora de duración.

A convocatoria desenvolverase en dúas partes, unha primeira na que se traballarán os conceptos básicos da diversidade sexual LGTBI+ e posteriormente serán as dinámicas da historia da comunidade do colectivo. Antes de rematar a convocatoria abrirase un turno de intervencións para que as persoas asistentes, no caso de desexalo, poidan interactuar.

Lea también

Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, …