BNG de Ferrol acusa ó Goberno local «antepoñer os intereses de Emafesa ós da veciñanza»

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera que «a decisión do goberno local de elevar ao pleno a suba do prezo da auga e a aprobación das contas de Emafesa dos anos 2016, 2017, 2018, 2019, 2020, 2021, 2022 e 2023 significa que o Partido Popular pretende garantirlle os beneficios á parte privada sen esixirlle ningunha responsabilidade pola súa xestión a conta dos veciños de Ferrol».

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, «considerou a suba do prezo do auga é unha decisión de inaceptable e lembrou que o BNG é a única organización política da corporación que presentou alegacións a modificación destas ordenanzas».

«Nada nos sorprende do Partido Popular nin de Rey Varela na súa relación con EMAFESA». Rivas explica que «agora vaise a pasar a recaudar case 1,9 millones máis en 2024 que en 2023, dos cais algo más de 1,1 millóns se corresponden co abastecemiento de agua e uns 750.000 co saneamento onde a maior parte desta cantidade recaerá sobre o consumo doméstico y comercial».

Ademais para o portavoz nacionalista «a decisión de aprobar as contas de EMAFESA, ás mesmas as que o PP votara en contra no anterior mandato, supón non esixirlle a empresa EMAFESA o diñeiro recaudado e comprometido para a execución do saneamento da zona rural e a renuncia ao desenvolvemento dunha auditoría sobre os traballos realizados pola empresa onde se determine o destino deses recursos e do resto dos recursos públicos».

Así mesmo, Rivas, considerou «urxente o desenvolvemento do saneamento na zona rural comprometido desde 2014 e que cunhas excusas ou con outras continúa sen facerse realidade».

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …