133 mulleres reuníronse na primeira xuntanza de mulleres de Magalofes

Primeira xuntanza de mulleres de Magalofes | Cedida

A iniciativa xurdiu o pasado 12 de maio co motivo da presentación da bandeira de Magalofes e a homenaxe á primeira directiva da AA.VV. San Xurxo de Magalofes (12/03/1978). Virginia Pérez Permuy e Belén Souto Calvete decidiron xuntar a todas as mulleres que viven en Magalofes e as que non viven e seguen sentídose de aí. En pouco máis dun mes esta idea converteuse en realidade.

A dita xuntanza celebrada o pasado sábado reuniu a 133 mulleres de todas as idades, dende Irene a máis nova con 15 anos ata Chucha con 91. Reuniu a irmás que había anos que non se vían, amigas da infancia…

A xornada comezou cun xantar, seguido dun cuarteto de rapazas que deleitaron con música tradicional galega, houbo sorteos, música e baile e tamén lembranza para as mulleres de Magalofes que xa non están entre nós. Un dos momentos máis emotivos foi escoitar a todas as mulleres cantar unha canción que fala da amizade.

A vicepresidenta da asociación Lupe Permuy e a secretaria Bea Paz, agradeceron a Belén e Virginia a súa iniciativa e o labor tan grande que desempeñaron para levar a cabo esta xuntanza, instándoas a que sigan organizandoa nos vindeiros anos. Asemade recalcaron que esta xuntanza vai ter moita repercusión na vida futura da parroquia.

Onte, domingo de resaca emocional, as organizadoras comentan: «comezo a ser consciente do que fixemos«.

Salón da xuntanza de mulleres de Magalofes | Cedida

Lea también

Finaliza en Mugardos la campaña de donación de alimentos para las colonias felinas

El Concello de Mugardos informa del fin de la campaña de donación de alimentos húmedos …