O Instituto de Estudos do Territorio presta apoio a Narón cara o PXOM

O director do Instituto de Estudos do Territorio reuniuse coa alcaldesa da localidade.

O Instituto de Estudos do Territorio, organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, prestará apoio técnico en materia de cartografía ao Concello de Narón de cara á redacción do Plan xeral de ordenación municipal PXOM tal e como acordaron o director do IET, Enrique de Salvador, e a alcaldesa da localidade, Marián Ferreiro.

Durante un encontro que mantiveron recentemente en Santiago de Compostela, a rexedora solicitou asesoramento en materia de fotogrametría, bases de datos territoriais e referencias cartográficas co obxectivo de contar con información xeográfica actualizada e fiable do concello que sirva de apoio para á elaboración do plan urbanístico.

Nesa liña, Enrique de Salvador informou á rexedora da información que o IET pode poñer á disposición do concello en base ás escalas que son necesarias adoptar acorde coas normas da Base Topográfica (BTG) e da Base Topográfica Urbana de Galicia (BTUG), que son as que rexen na elaboración da cartografía de apoio aos plans de ordenación urbanística na Comunidade.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …