As Somozas licita a construción dunha senda peonil na AC-110, en Agraxoiba

O Concello de As Somozas investirá máis de 77.000 euros no proxecto de construción dunha senda peonil na estrada AC-110, en Agraxoiba.

A finalidade da execución destas obras é a mellora e conservación da infraestrutura da rede viaria do Concello, así como a mellora das condicións de vida e de traballo no medio rural, facilitando a accesibilidade da veciñanza.

Esta intervención, financiada pola Deputación da Coruña, contempla a realización desta travesía peonil de 310 metros de lonxitude e 1,80 metros de ancho. Ademais, previamente á execución do pavimento contémplase a canalización con pozos de rexistro de sumidoiro para recollida de augas pluviais, así como a instalación de luminarias e iluminación pública.

O alcalde, Juan Alonso, subliña “a importancia que teñen estas intervencións para seguir mellorando as comunicacións e infraestruturas do municipio e facilitando o día a día da nosa veciñanza”.

Lea también

Ortigueira renueva la pista de pádel cubierta del CEIP José María Lage

La actuación recoge también la instalación de la red de juego, reparación de la solera …