Concello de As Pontes e ITJ manteñen encontros informativos co tecido empresarial da vila

A concelleira de Industria e Emprego do Concello de As Pontes, Ana Pena, e a responsable territorial do Instituto de Transición Justa ITJ en Galicia, Nuria Álvarez; realizaron unha visita ao Polígono dos Airíos das Pontes para, en palabras de Ana Pena «darlles a coñecer as actuais liñas de axuda do ITJ así como ofrecerlles información sobre as futuras convocatorias que se van levar a cabo para proxectos industriais xeradores de emprego, nas zonas incluídas nos convenios de transición xusta de Galicia, que afectan a As Pontes e Meirama e os concellos lindeiros».

A representante do goberno local e do Instituto de Transición Justa visitaron dúas empresas recentemente instaladas no polígono industrial dos Airíos, vencelladas ao sector do metal, en dúas naves que levaban varios anos en desuso e que veñen de reabrir as súas portas cunha creación inicial de 90 empregos directos.

Unha visita durante a que Ana Pena subliñou que “desde o Concello das Pontes tratamos de respaldar, en todo o posible ao tecido empresarial local de todos os ámbitos” e recalcou a “necesidade de poñer todas as ferramentas coas que conta o concello a dispor destes empresarios e destes proxectos xeradores de emprego. Queremos trasladar toda á información posible ao tecido empresarial das Pontes, especialmente ao recén instalado, para que poidan optar a estas achegas, das que xa se beneficiaron seis iniciativas locais de diferentes sectores, cunha inversión de 1.279.000 euros”

As empresas beneficiaras destas achegas atópase a empresa de turismo activo Nortegal (95.745,86 € para a creación de aloxamentos turísticos), a empresa Hormigones Bergantiños (897.297,32 € para a ampliación da capacidade produtiva da empresa), a compañía Ingeñería PSI (99.936,98 € para a adecuación das instalacións) o Centro de Saúde Mental de Ferrol, Eume e Ortegal (167.070,37 € para o equipamento de centro residencial para rehabilitación psico-social de persoas con enfermidade mental que se constrúe nas Pontes), a empresa Prometal (561.000 euros para a ampliación das súas instalacións) e a Residencia A Magdalena 258.337,54 € para a ampliación da capacidade de persoas maiores)

Ao longo da visita, a concelleira de Industria amosou tamén a súa satisfacción polos resultados da primeira convocatoria de axudas do ITJ xa que «axudan á creación de emprego que, beneficiaron no só a novas iniciativas empresariais senón que tamén serviron para apoiar a diversificación empresarial e a proxectos xa consolidados como é o caso de Prometal ou a Residencia da Magdalena»

Lea también

Neda recibe la visita de la Oficina Móvil de Atención al Peregrino

El alcalde subraya la utilidad de este servicio de la Guardia Civil para optimizar la …