“Xullo, mes da patria” trae a Fene a Caamaño&Ameixeiras e Grande Amore

Cunha festa infantil a cargo de La Guagua botará a andar o venres 5 de xullo, ás 18.00 horas, o ciclo “Xullo, mes da Patria”, organizado pola concellería de Cultura de Fene.  Nesta primeira cita, dirixida aos máis pequenos da casa, haberá inchables, xogos de auga e animación na Praza do alcalde Ramón José Souto González, escenario de boa parte das actividades.

Ese mesmo día pola mañá, a partir das 10.00 horas, repartiranse na Casa da Cultura de Fene as invitacións para asistir ao espectáculo que ofrecerá o monologuista Carlos Blanco o mércores 10. Entregaranse dúas entradas por persoa adulta até completar o aforo.

Trala festa infantil coa que se inaugura o programa, o ciclo “Xullo, mes da Patria” continuará o martes 9 ás 21 horas, na praza do CPS de San Valentínco espectáculo familiar Peor Imposible, do clown Peter Punk. Función programada coa colaboración do CPS de San Valentín e Agadic.

Tamén a xornada do mércores 10 estará adicada ao humor co monologuista Carlos Blanco como protagonista. A función comezará ás 21.30 horas na praza do alcalde Ramón J. Souto González con entrada gratuíta (previa recollida de invitacións -2 por persoa adulta- o venres 5 de xullo, ás 10.00 horas, na Casa da Cultura). Función programada coa colaboración da Rede Cultural da Deputación, ao igual que os concertos do día seguinte.

O xoves 11 de xullo a partir das 21.00 horas actuarán na praza do alcalde Ramón J. Souto González Caamaño&Ameixeiras co espectáculo Quitar o aire e Grande Amore, presentando o seu último disco II. Entrada libre e de balde.

E xa para pechar o programa, o venres 12 de xullo ás 20 horas, Alexandre Marín, fillo do debuxante e humorista gráfico Xaquín Marín, será o encargado de ler Declaración Institucional polo Día da Patria Galega a carón do monumento instalado no parque liñal do río Cádavo. E a partir das 21 horas, comezará a carón da Casa do Concello o tradicional Festival de Habaneiras e Canto Coral, no que tomarán parte as corais e rondallas do concello.

Lea también

Paro total en los dos astilleros de Navantia en la ría de Ferrol para demandar avances en la negociación del convenio

Se trata de una jornada de huelga de 24 horas que se secunda en el …