As pistas pontevedresas do CGTD preparanse esta fin de semana para recibir o Campionato de España de Seleccións Autonómicas Sub18 (o sábado día 22) as que están chamadas a participar a totalidade de Comunidades agás Ceuta e Melilla.
O torneo que de maneira intermitente celebraba a súa primeira edición no ano 2002, achegarase este sábado aos dous lustros de celebración sendo as sedes de Madrid, Getafe, Pamplona, Granollers, Valladolid, Logroño, e a partir deste fin de semana a cidade de Pontevedra, as que se encargaron nalgún momento da súa celebraciónstas .
Galicia a facer un bo papel diante do seu público
A nosa selección acude a este encontro sabedora de que estarán competindo contra seleccións moi potentes ao fronte das cales se atopa o combinado catalán, gañador das catro últimas edicións. Malia elo os nosos atletas contarán co factor pista estando tamén arroupados polo importante número de persoas que se agarda acudan as pistas a presenciar a cita.
No histórico de edicións, tan só tres comunidades poden presumir de ter subido ao máis alto do podio: a xa citada selección catalana, Andalucía, Madrid e a nosa Selección Galega quen lograba no ano 2002 o campionato da categoría feminina e dous anos máis tarde no 2004, o da categoría masculina.
Para este encontro a parcela técnica selecionaba a un total de 22 atletas (11 rapazas e 11 rapaces) que serán os encargados de defender os intereses galegos sobre o sintético pontevedrés.
Entre esa relación, o máis destacado será a presenza da lanzadora de xavelina Lara Iglesias do Atletismo Barbanza quen figura como unha das favoritas para lograr o triunfo parcial desta proba grazas aos seus 50.51 m. que a colocan ao fronte do ranking nacional. Nas probas de medio fondo e fondo contaremos ca participación dos recentes campións galegos absolutos Celia Castro nos 800 m. e Iker Fernández de A Gándara nos 1.500 m. que figuran nos postos alto do ranking estatal Sub18.
Nos 400 valos, Leo Rodriguez do Celta, fará valer o seu rexistro para aportar ao combinado galego o maior número de puntos posibles na clasificación xeral
Atención tamén a actuación da marchadora ourensán Icía Ares quen tomará a saída na proba dos 5.000 Mcha. así como a do lanzador de martelo do Celta Xaido Nimo que figura no posto 5º do ranking nacional con 60.82 m.